982 410 968 - >698 167 991    rutavino@ribeirasacra.org
Ruta do Viño. Ribeira Sacra

Emocionar e impactar ao espectador, para invitar a vivir Ribeira Sacra desde o viño, iso pretende o vídeo promocional da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

02-01-2014

A Ruta do Viño de Ribeira Sacra completa o seu material promocional cun audiovisual que quere transmitir ao espectador as sensacións que pode vivir como visitante da Ribeira Sacra e como usuario dos establecementos asociados á Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

Ao longo de máis de 3 minutos, sons, imaxes e música trasladan ao espectador a un lugar máxico, cheo de encanto en cada recuncho, cunha enorme riqueza natural e monumental e unha das paisaxes vitícolas máis belas do mundo. O obxectivo: conseguir con imaxe e son que o espectador entenda que é Ribeira Sacra e como a pode gozar a través da Ruta do Viño da Ribeira Sacra e de todos os establecementos que a integran. Instalacións e servizos de calidade que farán que a estancia dos visitantes na Ribeira Sacra sexa unha experiencia que lles faga apreciar esta terra e lles faga volver.

Como complemento a esta proposta visual, eminentemente sensorial e promocional, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra disporá, en breve, dun vídeo informativo no que se detalla a información da Ruta do Viño da Ribeira Sacra e dos establecementos asociados á Ruta. Preséntasenos un espazo incrible do que gozar a través de múltiples propostas que van desde adegas visitables, aloxamentos para soñar entre viñedos, restaurantes e enotecas, a oficinas de información, museos e centros de interpretación, pasando por empresas de servizos turísticos con propostas adaptadas a todas as necesidades do visitante e innovadoras suxestións para disfrutar do enoturismo na Ribeira Sacra.

Agader
Xunta de Galicia
Galicia
Feader
Ministerio de Agricultura y Pesca. Alimentación y Medio Ambiente