982 410 968 - >698 167 991    rutavino@ribeirasacra.org
Ruta do Viño. Ribeira Sacra

Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra do 26 ao 28 de maio

Durante cinco fins de semana de maio e xuño celébrase a Primavera de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia

20-04-2023

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 26 e o 28 de maio. Contarase con visitas guiadas e gratuítas ás adegas: Adega Vella, Amedo, Bodega Ribada, Casa Moreiras, Condado de Sequeiras, Adega Finca Míllara, Ponte da Boga, Proencia, Rectoral de Amandi, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana. Ao finalizar as visitas ofreceranse degustacións de viños.
 
Nesa fin de semana contarase co Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá, unha da Estación de Ferrocarril de Ourense, unha da Avda. de Madrid en Vigo, una da Avda. Jardines Méndez Nuñez de A Coruña e unha de Monforte de Lemos. O día 28 haberá 3 Bus do Viño con saída de Monforte, outro desde a estación de ferrocarril de Ourense e outro desde a Praza de Bretaña en Lugo. A actividade ten un custo de 10 €/adult@ - 5 €/nen@ (de 3 a13 anos). O xantar non está incluído. As prazas son limitadas recomendando reserva previa na web da Ruta do Viño da Ribeira Sacra https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es

Organízanse tamén cinco rutas, dúas delas con viaxe polo Miño ou o Sil:

  • Ruta entre Entre aceites da Ribeira Sacra, con saída o día 26 ás 18.00 dende o aparcamento do Parque dos Condes de Monforte. O prezo é de 5 € / persoa con guía acompañante e transporte incluídos, para visitar oliveiras e a almazara de Val de Quiroga con cata de aceites e un obradoiro de madeira de oliveira. Farase unha degustación de viños acompañados de petiscos.

 

  • Sendeirismo e viño, con saída o día 27 ás 9.00 desde o aparcamento do Parque dos Condes de Monforte. O prezo é de 10 € / persoa con guía acompañante e transporte incluídos- pola senda PR-G 180 Ruta da Cubela. Esta andaina é de aproximadamente 10 quilómetros cunha dificultade media/baixa. A actividade inclúe a visita á Adega Proencia con degustación de viños e xantar.

 

  • Somérxete nos canóns do Sil, con saída o día 27 ás 10.00 do aparcamento do Parque dos Condes. O prezo da actividade é de 10 € / persoa. Farase Ruta en catamarán polos Canóns do Sil con visita a Adega Vella para cata de viños acompañados de petiscos.

 

  • Ruta do Románico de Pantón e Sober, con saída o día 28 ás 10.00 do mosteiro do Divino Salvador, Ferreira de Pantón. A actividade é de balde e visitarase o mosteiro do Divino Salvador de Pantón e ás igrexas de Santa María de Proendos e de San Vicente de Pinol en Sober. Non se inclúe transporte, séguese en vehículos propios ao coche do guía.

 

  • Coñecemos o Miño pola Ribeira Sacra, con saída o día 28 ás 10.00 do aparcamento do Parque dos Condes. O prezo é de 10 € / persoa para facer ruta na lancha Quinta Sacra con vistas ao Cabo do Mundo, o castelo de Marce e á fervenza de Augacaída. Visitarase a adega Finca Míllara con degustación de viño e xantar.

Contarase con dúas actividades de cata maridaxe de viños da Ribeira Sacra:
 

  • “Cata de Viños e conservas, parellas sumamente pracenteiras”, a cargo da sommelier, Mercedes González. A cita, gratuita, terá lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra o 26 de maio a partir das 19.30

 

  • “De tapas e viños pola Ribeira Sacra”, o 27 de maio con saída do Parque dos Condes de Monforte ás 17.00. A actividade contará con guía acompañante e transporte incluídos, para visitar a adega Rectoral de Amandi con degustación de viños e posterior visita ao restaurante O Grelo para uns pinchos con acompañamento musical.

 
Para completar a programación nesta Primavera de Portas Abertas, os cativos terán tamén o seu espazo gratuíto para obradoiros infantís que se desenvolverán o día 27 en horario de mañá na casa da cultura de Chantada:
 

  • Espazo infantil I (de 3 a 5 anos): modelaxe con arxila e estampación e selos con corchos, en horario de 10.30 a 12.30.
  • Espazo infantil II (de 6 a 11 anos): elaboración de pins, cociña creativa e descubrimento da Ribeira Sacra cos cinco sentidos en horario de 12.00 a 14.00 h

 
Esta Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra conta tamén con descontos nas visitas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra que se farán o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de maio, ás 12.30 e ás 18.00 h. O Ecomuseo de Arxeriz fará visitas o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de maio, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. Tamén o Museo Etnográfico de Quiroga fará visitas o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de maio. O 27 e 28 de maio, previa reserva, haberá Rutas Guiadas en Segway pola Ribeira Sacra de 11.30 a 18.00 e Quinta Sacra organizará paseos en barca.


Tamén os aloxamentos Casa das Xacias e Hotel Mogay en Chantada ofrecen descontos e packs especiais durante toda a fin de semana.

Para participar nas actividades da Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra é necesaria inscrición previa a través da web https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es.

Ábrese o prazo de inscrición o día 8 sendo necesaria unha inscrición por persoa.

Para máis información rutavino@ribeirasacra.org e no teléfono 698 167 991.

Agader
Xunta de Galicia
Galicia
Feader
Ministerio de Agricultura y Pesca. Alimentación y Medio Ambiente