O próximo domingo 23 de marzo de 2014 a RUTA DO VIÑO DE RIBEIRA SACRA organiza unha ruta enoturística que inclúe a ruta de sendeirismo de A Cruz- Pena Pombeira que transcorre polo concello de Pantón, comida e visitas culturais e a unha adega.
O punto de encontro será na praza do concello de Ferreira de Pantón ás 9:30 horas. A xornada comezará coa ruta de sendeirismo de dificultade media-baixa, que ten unha distancia aproximada de 7 quilómetros e se prevé unha duración aproximada de 2 h. - 2 h.30 min. Posteriormente realizarase unha visita ao románico da zona e gozarase dunha comida na Rectoral de Castillón (Pantón).
Pola tarde realizaranse as visitas ao Ecomuseo de Arxeriz e á adega Abadía dá Cova no concello do Saviñao.
As prazas son limitadas e a actividade ten un custo de 20,00 €/persoa, é necesario inscrición previa nos teléfonos: 698 167 991 / 982 410 968 e correo electrónico: rutavino@ribeirasacra.org