A fin de semana do 31 de outubro e 1 de novembro a Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra xornada de portas abertas, unha oportunidade para que as persoas interesadas poidan visitar as adegas e degustar e coñecer un pouco mellor os viños da D.O. Ribeira Sacra.
As diferentes rutas do viño de Galicia celebran nesta fin de semana as IX Xornadas de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia e fano seguindo as restricións que hai que adoptar pola seguridade de todos os participantes nesta situación de pandemia motivada pola Covid-19.
Así os interesados en achegarse á Ruta do Viño da Ribeira Sacra poderán participar de visitas programadas ás seguintes adegas:
Tamén manterán a súas portas abertas nos horarios establecidos, museos e outros servizos da Ruta como o Ecomuseo de Arxeriz, o Museo Etnográfico de Quiroga e as Rutas Guiadas en Segway. Pola súa banda os restaurantes e aloxamentos adheridos á Ruta manterán as ofertas especiais, respectando sempre as normativas e aforos establecidos.
Para as distintas visitas e actividades será necesario inscribirse previmente en cada establecemento, así como cumprir cos protocolos e normativas hixiénico-sanitarias establecidas.